Archivo de la categoría: Biblioteca

Samaín 2018!!!!

Tradicións do Foxo no Samaín: Exposición de froitos de outono, exposición de cabazas, película de terror (“Coco”) e…. flocos de millo!!!!!!!!  

Publicado en Aliménta-T Ben, Biblioteca | Deja un comentario

“O sabor da aventura está no mar” NOIA!!!!!

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º estivo de visita por Noia: fomos á praia do Testal, vimos como traballan as mariscadoras e mariscadores, como funciona unha lonxa, en Esteiro degustamos produtos do mar e fixemos un roteiro pola vila. Acabamos derreados…pero pasámolo en grande!!!

Publicado en Aliménta-T Ben, Biblioteca, Excursións, Plan proxecta | Deja un comentario

“Feito por nós”

O pasado xoves día 14 de xuño, xuntámonos na biblioteca para presentar materiais feitos polos nenos e nenas durante este curso para permanecer na nosa biblioteca. Aproveitamos a ocasión para darlle ao alumnado de 5º e 6º o diploma e as camisetas polo premio do Voluntariado de lectura.

Publicado en Biblioteca, Feito por nós, Voluntariado de lectura | Deja un comentario

Obradoiro de “Lectura Expresiva”

O alumnado de 5º e 6º foron os responsables das actividades de voluntariado de lectura e de atención á nosa biblioteca, a través de moitas actividades desenvolvidas  durante este curso. Este ano fomos un dos centros seleccionados dentro do programa de “Voluntariado de Lectura-A”. Como premio realizouse na biblioteca “Xosé Neira Vilas” un obradoiro de “Lectura Expresiva” a cargo de Charo pita. Os nenos e nenas pasárono moi ben.

Publicado en Biblioteca, Voluntariado de lectura | Deja un comentario

Día das bibliotecas escolares: “A CAIXIÑA DE MÓNICA”

Celebramos o día das bibliotecas escolares recibindo a  Mónica Inés Varela Gestoso, a poeta do mar de Arousa.

Publicado en Biblioteca | Deja un comentario

BENVIDO CURSO 17-18

Damos a benvida a este novo curso con este rap.

Publicado en Biblioteca, Voluntariado de lectura | Deja un comentario