Eu son Fuxú!

Chámome FUXÚ… e son o gardián da biblioteca!

fuxu

O meu nome é a voz do vento. Son un pequeno trasno, da especie “Furabolos”, creador de estrelas e protector dos nenos.

Visto  botas vermellas,  capa vermella, calzóns marróns,camisola branca, luvas azuis e unha fermosa máscara tamén celeste. O máis curioso do meu aspecto é que no canto de ter orellas, da miña cabeza saen un par de ás. Por algo era fillo do vento e por algo tamén o meu nome é a súa  voz .

¿Sabes que xa sabía falar e ler antes de nacer?

Se queres coñecer toda a miña historia, entra aquí