Saúdo da dirección

A filosofía que subxace no Centro é que os logros dalgúns crémolos éxitos de todos e os fracasos dalgúns considerámolos fallos de todos.           

A estratexia metodolóxica que usamos no noso Centro é o traballo en equipo. Entendemos o valor da participación de toda a comunidade educativa: alumnos, familias, mestres… como principal ferramenta para a aprendizaxe, favorecendo as habilidades comunicativas, a axuda mutua, o respecto, a empatía… Este traballo cooperativo é, ademais, unha das mellores estratexias para abordar a diversidade da aula e camiñar cara unha escola verdadeiramente inclusiva.

A nosa Biblioteca ten unha presenza moi activa no colexio, xa que desde ela e en colaboración con outros equipos docentes, prográmanse actividades e deseñanse proxectos que se van desenvolvendo de forma colaborativa no Centro.

Para todos nós a Biblioteca ten que  ser un centro de recursos inclusivo do colexio e o motor que poña en marcha eses proxectos.

Portelo de Fuxú é un proxecto vivo, inacabado, e isto é o mellor!. Agora tócache a ti. Porque ti tamén eres unha parte importante. Emprega a biblioteca, visítaa de cotío e participa coas túas propias creacións. Porque isto só acaba de empezar!.